A Deputación aproba obras na Pastoriza, Pol e Xermade

Pol
TerraChaXa | LugoXa
A Xunta de Goberno aprobou este venres acordos cos que a institución provincial mobiliza capital para obras en Xermade, Pol e A Pastoriza
saneamento de Sasdonigas mondonedo
saneamento de Sasdonigas mondonedo
29 abr 2023

A Xunta de Goberno aprobou este venres unha colaboración co Concello da Pastoriza por  preto de 340.000€ para a mellora de servizos no núcleo urbano do municipio. “Entre as actuacións que financiamos, está a instalación de alumeado co tendido dunha nova tubaxe de reserva para a instalación de luminarias, a reposición da canalización de abastecemento nos tramos que presenta problemas e a colocación dunha rede separativa de augas residuais”, describiu a Deputada.

Así mesmo, a Deputación achegará 115.000€ ó Concello pastoricense para a adecuación de camiños de acceso a espazos públicos e vivendas nos núcleos de Cadavedo, Bretoña, Fontao e Corbelle.

A Xunta de Goberno acordou tamén un investimento da Deputación no concello de Pol por 310.000€ para a mellora de accesos nos núcleos rurais de Arcos, As Lamelas, Vilavella e Cima de Vila; para a dotación de aseos, dunha taquilla na grada, a instalación de varandas de protección, luminarias e beirarrúas no campo de fútbol de Mosteiro; e para a adquisición de equipamento destinado ó coidado de xardíns, en concreto, un tractor, unha sementadora e unha corta céspede.

A aportación da Deputación de Lugo representa o 80% do orzamento necesario para acometer estas actuacións, en tanto que o Concello de Pol achega 75.000€.

No caso de Xermade, aprobouse a adxudicación á empresa Ovisa Pavimentos y Obras SLU dun proxecto por un importe de 130.000€ para rehabilitar o firme da estrada LU-P-2201, entre Candamín e Pedrón. Os traballos, que afectarán ao treito que vai do quilométrico 3,615 ó 5,428, implicarán a limpeza de laterais e obras de drenaxe, a pavimentación e a sinalización horizontal.