O PP de Muras presenta a súa candidatura ao completo

TerraChaXa
O PP presenta en Muras unha candidatura “unida e reforzada para gobernar para todos por igual” presidida por Eugenia Requeijo,
CANDIDATURA MURAS pp
CANDIDATURA MURAS pp
25 abr 2023

O Partido Popular presenta en Muras unha candidatura para as eleccións locais pensada “para gobernar” e, nese sentido, a alcaldable, Eugenia Requeijo, comprométese a facelo “para todos por igual, dende o primeiro día, e sen discriminacións”.

A popular presenta “un equipo unido, reforzado coa incorporación de oito novas persoas e todos con ganas de traballar polo noso municipio”. Eugenia Requeijo  indica que “se goberna o PP, o Concello terá as súas portas abertas para todos e será un Concello que escoite aos veciños e os teña en conta e, por suposto, centrado na mellora da súa calidade de vida e de garantirlles os servizos”.

A candidata popular aposta por “sacar a Muras do abandono no que se atopa, que queda claramente reflectido na situación do propio centro do pobo”. O equipo popular preséntase en condicións de “cambiar o actual estado de cousas, caracterizado por prazas e rúas con sucidade, xardíns en mal estado, estradas deterioradas, servizos deficitarios e unha xestión totalmente partidista”.

A CANDIDATURA AO COMPLETO

  1. María Eugenia Requeijo Chao; de Vedille, Muras
  2. Julio Díaz Díaz; de Chao de Perros, Muras
  3. Damián Prieto Sardiña; de Carelle, O Burgo
  4. Luis Carballido Orosa; da Margarida, Silán
  5. Sandra Trastoy Chao; de Aborbó, O Viveiró
  6. Jaime Lázaro Vidal; de Goibetas, O Burgo
  7. José Manuel López García; da Volta, Muras

Suplentes:

  • María Teresa Uceira Cao; de Casateita, Muras
  • Fernando Carballido Amor; de Traveseal, Irixoa
  • Carlos Rouco Rochela; de Carracedo, O Burgo
  • Camelia Hermida Fernández; da Torre, Silán
  • Elías García Rubiños; da Pedreira, Irixoa
  • Juan Antonio Tojeiro Pita; da Casabella, Muras
  • Óscar Prieto Freire; de Castiñeira, Muras
  • Eloy Guzmán Vilaboy; de Muras