Muras organiza unha sesión astronómica este sábado

TerraChaXa
Dentro das actividades de astroturismo de Muras o Concello vén de organizar unha sesión sobre a Supernova SN1993J, este sábado.
SESION MURAS SUPERNOVA PORTADA
SESION MURAS SUPERNOVA PORTADA
26 abr 2023

Dentro das actividades de astroturismo de Muras o Concello vén de organizar unha sesión para dar a explicación da descuberta da Supernova SN1993J, que terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril, na zona de autocaravanas de Viveiró. A charla dará comezo ás 21:00 horas, e irá acompañada dunha observación guiada do ceo nocturno.

Recoméndase levar roupa de abrigo e cortaventos. A actividade e de balde e para todas as edades, a partires dos 7 anos. Está a disposición dos asistentes a zona de autocaravanas e acampada de libre uso.

A certificación Starlight acredita espazos cunha excelente calidade do ceo, representando un exemplo de protección e conservación. Avalía a calidade do ceo nocturno e diúrno, os recursos naturais, culturais e científicos, as estratexias de loita contra a contaminación luminosa utilizando o alumeado intelixente e as actividades de educación e divulgación científica e medioambiental.

A limpeza dos ceos de Muras e as súas óptimas condicións de visión fan que dende o 2020 esta localidade sexa un destino Starlight por contar cun enclave de excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía.

Periodicamente fan obradoiros astronómicos, observacións guiadas de ceos nocturnos e charlas divulgativas nun entorno espectacular.

O selo Starlight garante a conservación e protección do patrimonio natural e científico baseado na Declaración sobre la defensa del cielo nocturno y el derecho a la luz de las estrellas, La Palma de Gran Canaria, Abril 2007.

SESION MURAS SUPERNOVA