O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo para solicitar as actuacións da banda e da coral

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei porá á disposición das parroquias, asociacións e comisións catro actuacións anuais de carácter gratuíto.
concerto begonte sons e sonos musica crisanto
concerto begonte sons e sonos musica crisanto
24 abr 2023

O Concello de Outeiro de Rei, a través da Escola de Música Asociación Músico Crisanto de Outeiro, Rábade, Begonte e Friol porá á disposición das parroquias, asociacións e comisións de festas deste municipio que o solicite un total de catro actuacións anuais de carácter gratuíto; as actuacións poderanse programar en horario comprendido entre as 11:00 e as 21:00 horas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

As agrupacións que se poden solicitar  son a Banda de Música Sons e Soños e a Coral.

Como o número de actuacións é limitado (catro por ano) terán preferencia á hora de obtelas as parroquias ás que non se lles concedera con anterioridade e as actuacións destinadas ás festas patronais con respecto a outras de carácter veciñal.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 17 ao 30 de abril, debendo presentarse no rexistro municipal o modelo de solicitude cuberto, impreso que está á disposición do público nas oficinas municipais e ao que se pode acceder igualmente a través desta nova.