Convocan un curso sobre o uso do teléfono móbil na aula Cemit das Pontes

TerraChaXa
A Aula CEMIT das Pontes acolle este xoves, 13 de abril, unha nova formación sobre o uso básico do móbil na Casa Dopeso.
uso basico telefono mobil as pontes portada
uso basico telefono mobil as pontes portada
11 abr 2023

A Aula CEMIT das Pontes acolle este xoves, 13 de abril, unha nova formación sobre o uso básico do móbil.

Trátase dun minicurso no que se ofrecerán as nocións básicas para achegarse a algunhas das ferramentas básicas que ofrecen os nosos teléfonos móbiles. Uso do WhatsApp, xestión da galería de fotografías e vídeos, creación de cartafois e clasificación de arquivos, uso das playstore, son algúns dos puntos a tratar.

O curso terá lugar entre as 16.30 e as 20.30 horas no soto da Casa Dopeso pero para asistir é necesario inscrición previa. Esta pode facerse chamando ao 670 892 227 ou no mail cemit.aspontes@xuntal.gal.

uso basico telefono mobil as pontes