Convocada unha masterclass de frauta traveseira nas Pontes

TerraChaXa
A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha masterclass de frauta traveseira a cargo de Isaura Rey.
masterclass frauta traveseira as pontes
masterclass frauta traveseira as pontes
12 abr 2023

A Escola de Música Banda Cultural e Recreativa das Pontes organiza unha nova masterclass, nesta ocasión de frauta traveseira a cargo de Isaura Rey, profesora do Conservatorio de Música Profesional de Caraballo. A sesión desenvolverase o día 29 de abril, sábado, nas instalacións da escola (rúa Monte Caxado, 8). Ás 20.00 horas haberá un acto de clausura no local de ensaio.

Hai dez prazas e os prezos son de 20 euros, para o alumnado do centro organizador; 40 para estudantes externos e 10 para quen acuda de oínte. Hai que anotarse a través do profesor do instrumento da escola, por unha mensaxe de Messenger (www.facebook.com/banda.aspontes), a través de Instagram (@banda_escola_As Pontes) ou chamando ao número de teléfono 610 505 116.