Xermade celebra este sábado a Festa da Xuventude e o tradicional xantar popular

TerraChaXa
O Concello de Xermade recupera o 15 de abril a súa Comida Popular, que levaba sen celebrarse desde o ano 2019.
xantar popular festa xuventude xermade portada
xantar popular festa xuventude xermade portada
10 abr 2023

O concello de Xermade recupera o 15 de abril a súa Comida Popular, que levaba sen celebrarse desde o ano 2019 e que está organizada pola comisión de festas de Xermade deste ano. Comezará ás 14:00 horas coa sesión vermú amenizada co dúo Charada, para a continuación dar paso ao gran xantar popular.

Xa a partir das 21:30 horas terá lugar a Festa da Xuventude co dúo Charada de novo. O menú da festa consta de paella de fabas con polbo, xarrete de tenreira e postre ademais de pan, viño, refrescos, auga, café e chupito. Terá un prezo de 30 euros para os adultos, 15 para os nenos de entre 6 e 12 anos e gratis para os máis cativos.

Para apuntarse haberá que mercar os tiquets, ata o 12 de abril, no bar Casal, bar O Pita.

Completará a festa un sorteo de agasallos.