Xermade aprobará o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto o día 3 de maio

TerraChaXa
A Alcaldía informou que o pleno extraordinario para o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto será o mércores 3 de maio.
JOSE MOURINO CUBA XERMADE
JOSE MOURINO CUBA XERMADE
24 abr 2023

A Corporación de Xermade reuniuse en sesión ordinaria para tratar na resolutiva iniciouse o expediente de deslinde dun camiño público no lugar das Casas Novas, en Xermade, froito dun expediente de investigación resolto no ano 2015.

A Alcaldía informou ao Pleno da concesión definitiva da axuda para a rehabilitación de reitoral de Xermade, da denegación definitiva da axuda para a Casa da Veciñanza de Roupar e da entrada en vigor do Regulamento de títulos, honras e distincións. Anunciou que o pleno extraordinario para o nomeamento de José Mouriño Cuba como fillo predilecto será o mércores 3 de maio, coincidindo co pleno de sorteo de mesas electorais.

Aprobouse tamén un suplemento de crédito financiado con remanente líquido de tesouraría por importe de 86.106,24 para as achegas municipais a dous convenios asinados coa Deputación de Lugo para a reposición de beirarrúas e senda peonil en Xermade, e para aglomerados en Roupar, Touza, Penavaqueira e Lousada.

Tamén se repón crédito por importe de 8.165,50€ para contratos de asistencia técnica en materia de abastecemento de auga, con motivo da elaboración dunha auditoría e plan de minimización de perdas de auga e da solicitude de axudas do Perte ciclo da auga por parte dunha agrupaciónde municipios, entre os que figura Xermade.

O Pleno aceptou a cesión dun tramo de estradas provinciais no núcleo de Xermade, necesario para executar a obra de reposición de beirarrúas, e en Roupar, para a execución da obra da área de xogos infantís (Plan Único 2022) e para o proxecto da Casa da Veciñanza.