Dúas emprendedoras trasladaron as súas experiencias aos estudantes do IES Monte Castelo de Burela

AMariñaXa
Os Obradoiros Talento Mozo chegaron ao IES Monte Castelo de Burela no que varias persoas trasladan experiencias de éxito
experiencias exito mocidade ies monte castelo burela
experiencias exito mocidade ies monte castelo burela
10 may 2023

Os Obradoiros Talento Mozo chegaron ao IES Monte Castelo de Burela no que varias persoas trasladan experiencias de éxito protagonizadas aos estudantes de secundaria. Nesta ocasión estiveron protagonizadas polas emprendedoras Lidia Díaz Otero e Natalia Rubal Soto.

Cristina Pichel destacou que con Obradoiros Talento Mozo quérese dar visibilidade á creatividade, empuxe, potencial e capacidade de innovación que ten a xuventude galega. A través deste programa, estanse a facer unha trintena de coloquios nos centros de secundaria galegos para presentarlle ao alumnado casos de éxito da mocidade e promover que sirvan de referencia, co fin tamén de solucionar as dúbidas que o alumnado poida ter á hora de escoller estudos superiores e a súa posterior inserción no mercado de traballo.

Lidia Díaz Otero, estudou na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e traballa na explotación de gando vacún que a súa familia ten en Abadín. Pola súa parte, Natalia Rubal Soto,  estudou o grao de Empresa, Xestión, Márketing e Disciplinas Afíns pola UNED e na actualidade é responsable dunha tenda de moda infantil e xuvenil, doutra de telefonía móbil, dun bar deportivo e dun centro de masaxes. Ambas puideron darlle a coñecer aos estudantes a súa historia profesional, así como falarlles da importancia de potenciar habilidades persoais ou das oportunidades que existen en Galicia para desenvolver unha carreira profesional.