O alcaldable do PP do Vicedo presentou oficialmente a lista coa que concorre ás eleccións

AMariñaXa
O alcaldable do PP do Vicedo, José Jesús Novo, presentou oficialmente a lista coa que concorre ás eleccións
Vicedo PP candidatura 2023
Vicedo PP candidatura 2023
8 may 2023

“Este será o mandato do desenvolvemento da praia de Fomento”. Así o avanzou o candidato á Alcaldía de O Vicedo na presentación oficial da lista coa que os populares concorren aos comicios do 28M.

O tamén deputado provincial explicou aos asistentes que, se acadan novamente a confianza dos veciños, continuarán mellorando as vías municipais con aglomerado;  “cuestión que, dixo, é unha teima para o noso goberno”. A posta en funcionamento do centro de día e “seguir facendo do turismo unha oportunidade económica para O Vicedo” son outros das iniciativas que os populares levan no seu programa electoral e que xa adiantaron este domingo aos asistentes nun concorrido acto, no que contaron co apoio da dirección provincial do Partido, representada polo coordinador xeral, José Manuel Balseiro.

Tal así que, apuntou o candidato, “xa demos un salto cualitativo e cuantitativo estando incluídos na relación de Pobos Máxicos de España. Ademais, a romaría vikinga cobra cada ano máis forza e construír unha pista de pádel en Folgueiro son exemplos de que temos a mesma ilusión e o mesmo compromiso que o primeiro día”, afirmou.

Pola súa banda, Balseiro agradeceu a todos os membros da candidatura “a valentía para sumarse ao proxecto popular porque, engadiu, non é o mesmo que gobernen uns a que gobernen outros. No Vicedo sabédelo ben. Tedes non só un gran capitán; tedes o mellor”, remarcou.

Jesús Novo presentou a todos os integrantes, destacando que, con respecto á 2019, a candidatura conta con tres novas caras dos 12 que a conforman. Este ocupan os postos 7, 9 e primeiro suplente, respectivamente.

Titulares:

  1. Jesús Novo Martínez.
  2. María del Pilar Otero Insua.
  3. Modesto Riveira Fernández.
  4. José Ángel Canoura Iglesias.
  5. Balbino Trasancos González.
  6. José Dovale Liz.
  7. Alejandro Martínez Eiroa.
  8. Azucena Rolle Calvo.
  9. Jorge Baltar Martínez.

Suplentes:

  1. Jonathan Fanego Fernández.
  2. Azucena Gasalla Rego.
  3. María Dolores Lamelas Quelle.