O teatro Pastor Díaz acolle estes días a segunda edición do Ciclo Sintonías de Primavera

AMariñaXa
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle mañá, venres, e o sábado a segunda edición do Ciclo Sintonías de Primavera
II ciclo sintonias primavera 2023
II ciclo sintonias primavera 2023
4 may 2023

O Teatro Pastor Díaz acolle mañá, venres, e o sábado a segunda edición do Ciclo Sintonías de Primavera, organizado pola Banda de Música ‘O Landro’ coa colaboración do Concello de Viveiro, a través da Concellería de Ensino.

As actuacións das diferentes bandas dividiranse en dous días cunha primeira xornada na que levantará o pano a Banda da Escola Municipal de Oleiros, a partir das 19:30 horas, seguida da Banda de Música ‘O Landro’ de Viveiro.

O sábado será a quenda da Banda de Música de Celanova a partir das 18:30 horas.

“Dende o Concello de Viveiro animamos a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar desta dobre xornada de música en directo da man de tres bandas que amosarán o seu talento sobre o escenario. Trátase dun plan perfecto para un fin de semana de lecer”, subliña Jesús Fernández, tenente de alcalde do Concello de Viveiro.

A entrada ao Teatro Pastor Díaz é libre ata completar aforo.

II ciclo sintonias primavera 2023