A Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro acude á Valedora do Pobo

AMariñaXa
Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de trasmitir a súa "indignación e consecuente preocupación e alarma
asociacion vecinos casco antigo viveiro
asociacion vecinos casco antigo viveiro
6 may 2023

Dende a Asociación de Veciños Casco Antigo de Viveiro veñen de trasmitirque estiveron a realizar os trámites pertinentes perante a Valedora  do Pobo para "facerse escoitar respecto ao ruído e gamberrismo que acontece no Casco Antigo de Viveiro e o desleixo do Concello ante ante a agrupación ao non respostar aos  innumerables escritos presentados pola mesma".

Con data de 28 de abril a Valedora comunicou á asociación que, "unha vez estudiado o  expediente, foron admitidas a trámite as súas demandas e inician as actuacións oportunas  ante o Concello de Viveiro para obter información sobre o asunto nun prazo de 15 días".