Candia proxecta un novo espazo deportivo e cultural no antigo polideportivo da OJE

LugoXa
Candia presenta o proxecto dun novo espazo deportivo e cultural no antigo polideportivo da OJE, sen uso no casco histórico
proposta pp candia polideportivo oje lugo
proposta pp candia polideportivo oje lugo
24 may 2023

Elena Candia presentou hoxe no mitin que se celebrou no Uxío Novoneyra unha proposta de actuación para recuperar o antigo polideportivo da OJE, situado no casco histórico, para convertirlo nun espazo deportivo e cultural para a mocidade lucense.

A popular indicou que “ten claro o enfoque que hai que dárlle a este inmoble abandoado situado na calella da Deputación” engadindo que “esta proposta de actuación recolle o sentir da cidadanía que reclama máis espazos para actividades de lecer”.

Elena Candia afirma que en Lugo hai un déficit de instalacións deportivas indicando que ademáis desta proposta para a OJE compromete máis pistas multideporte en diferentes barrios e reforzar o mantemento e a mellora das instalacións deportivas actuais.

OUTRAS PROPOSTAS

A candidata do PP tamén avanzou, neste encontro con veciños do centro, que creará un Consorcio de Dinamización do Casco “este órgano de nova creación, no que se integrarán todas as administracións e entidades veciñais e empresariais representativas do municipio, está chamado a deseñar e coordinar accións orientadas á dinamización do casco histórico con actuacións en tres eixes: a preservación do patrimonio cultural, a dinamización da actividade económica (cunha especial sensibilidade respecto ao apoio á actividade do comercio retallista) e a recuperación desta contorna como un lugar amable para vivir”.

Elena Candia quere que este Consorcio teña a súa sede no edificio do vicerrectorado, agora pechado, e tamén suxire que este inmoble acolla o Centro de Estudo da Historia da Cidade “deste xeito dámoslle vida a un edificio emblemático no corazón do casco histórico combinando usos propios da universidade con outros de ámbito municipal”.

Outra das medidas do programa de Elena Candia é potenciar a Praza de Abastos “desenvolveremos unha estratexia de apoio á Praza de Abastos e ao Mercado para fomentar o consumo de proximidade. Con este obxectivo favoreceremos a plena ocupación dos postos segundo vaian estando dispoñibles, para o que axilizaremos os prazos da súa asignación”.

proposta novo polideportivo oje centro lugo pp