Alba Sangil considera que a Feira Degustación da Tenreira Galega Suprema mellora o turismo en Láncara

SarriaXa
Alba Sangil considera que a Feira Degustación da Tenreira Galega Suprema mellora o turismo en Láncara e é necesario consolidala
Alba Sangil Lancara
Alba Sangil Lancara
4 may 2023

Alba Sangil, a número 7 da lista da candidatura do Partido Socialista de Láncara para as vindeiras eleccións, valorou positivamente a Feira Degustación da Tenreira Galega debido á grande afluencia de xente como polas actividades propostas desde o Concello.

Sangil participou das tres xornadas; no Campionato de Tute e Parchís, na Festa dos Avós e na Feira de Degustación. Concretamente, durante a Festa dos Avós, tanto ela como o seu compañeiro Diego Balboa fixeron unha homenaxe aos maiores "como agradecemento por todo o traballo que fixeron eles por nós de pequenos".

Por outra banda, ela, como profesonal do turismo, di que "este ano batemos récord de participación, algo moi bo para mellorar o turismo no Concello, así como unha iniciativa interesante para atraer xente e promocionar o noso produto estrela, a tenreira galega suprema".

Así, di que é necesario que se consolide esta festa de valor da gastronomía, do turismo e do rural, e que incluso vaia a máis, como un "detonante atractivo do que podemos ofrecer en Láncara" así como unha oportunidade para a xente de aquí. Como filla e neta de gandeiros, explica, "valoro moito o apoio ao sector".

Axuda, apoio e aportación ao Concello de Láncara

Alba Sangil explica estar "moi ilusionada e con ganas de ter a oportunidade de facer cousas polo meu concello e polos meus veciños", pero recoñece que tamén é "unha presión por estar ao nivel que se esixe". " Eu aspiro a apoiar ao alcalde actual e formar equipo, apoiando no que poida".

Así, como principais propostas, cre necesario que o concello conte cos servizos necesarios para que as persoas como ela poidan retornar, debido ás facilidades que deu o teletraballo que se instaurou despois da covid-19, así como que outras persoas doutros puntos de España decidan instalarse no municipio como alternativa ás grandes cidades.

"Para iso, é necesario ter todos os servizos dispoñibles para o asentamento humano, como son bos accesos por estrada, bo suministro de auga, boa conexión a internet...", sostén. Ademais, di que o alcalde "está moi concienciado con esta problemática" e que historicamente non houbo unha inversión como a que houbo no mandato actual en infraestruturas".

Doutra banda, Sangil tamén está moi vinculada ao deporte, polo que dixo que desde o goberno local, cando saia o PSOE reelixido, seguirán apoiando aos equipos e a todas agrupacións deportivas, así como fomentarán rutas de sendeirismo. En concreto, hai unha aposta clara por "dar a coñecer o Camiño Real para aunar deporte e turismo, que a xente nos coñeza e fomentar andar como exercicio básico".

Pasado político

Cabe destacar que o seu avó, José Sangil, foi alcalde de Láncara entre 1979 y 1983; pero ela di que non foi o seu avó quen a animou, senón que a ela sempre lle interesou desde pequena a política local, "pero non  vivir da política". "O único que me dixo o meu avó é que traballe o máximo posible e discuta o menos posible", explica. Aínda así, recoñece que cando os veciños a paran e lle falan do seu avó, "síntome orgullosa".