Vilaprede estará de festa esta fin de semana

TerraChaXa
A localidade vilalbesa de Vilapedre celebra o próximo fin de semana as súa festa parroquias con dúas xornadas cheas de música
Vilapedre festas portada
Vilapedre festas portada
15 may 2023

A parroquia de Vilapedre, en Vilalba, celebra as súas festas na honra a San Mamede e os Milagros os días 19, 20 e 21 de maio. 

O venres ás celebracións darán comezo ás 22.00 cunha liscada, chourizada e raxo gratis e cunha gran verbena a cargo do dúo Pedriñas. 

O sabado 21 ás 13.30 terá lugar a misa con procesión e para continuar unha sesión vermú co grupo Lecer, que serán tamén os encargados de amenizar a verbena da noite xunto ao grupo Madastur. 

As festas rematarán o domingo cunha misa con procesión ás 13.30 e unha sesión vermú a cargo de Los Adrianos. 

Festa Vilapedre