A parroquia da Torre, en Vilalba, estará de festas este sábado

TerraChaXa
A parroquia da Torre, en Vilalba, celebra o vindeiro día 13 de maio as súas festas na honra a San Isidro cunha xornada chea de música
Torre festas portada
Torre festas portada
9 may 2023

A parroquia de Torre, en Vilalaba, celebra as súas festas parroquiais na honra a San Isidro o vindeiro sábado 13 de maio. 

A xornada dará comezo ás 13.30 cunha misa con procesión para continuar cunha sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada. 

Para a verbena da noite os veciños volverán a contar coa actuación da orquestra Costa Dorada á que se suma o dúo Charada. 

Dende a organización informan que o campo da festa estará cuberto. 

Festas torre Vilalaba