Soexo está de festa esta fin de semana

TerraChaXa
A localidade de Soexo, en Vilalba, celebra esta fin de semana as súas festas na honra á Virxe dos Milagres.
Festas en soexo portada
Festas en soexo portada
17 may 2023

A localidade de Soexo, en Vilalba, celebra esta fin de semana as súas festas na honra á Virxe dos Milagres.

Estas darán comzo o venres 19, ás 21.30 horas cunha churrascada popular gratuíta para todos os asistentes, á que seguirá unha verbena a cargo de Los Adrianos.

O sábado, o programa se iniciará pola mañá cunha misa cantada por Los Adrianos, seguida de procesión e a sesión vermú, da que se encargará a orquestra Escaparate.

Pola noite, na verbena d efin de festa volverán estar Escaparate e Los Adrianos.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Festas en soexo