O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros organiza o 25 de xuño o seu I Día do Socio

AMariñaXa
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros organiza o 25 de xuño nos Colexios Vellos de San Miguel o seu I Día do Socio
dia socio ollomao barreiros
dia socio ollomao barreiros
18 jun 2023

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros organiza o vindeiro 25 de xuño ás 19.00 horas nos Colexios Vellos de San Miguel o seu I Día do Socio con motivo da Asemblea Xeral de Socios e coa representación teatral do grupo infantil de Ollomao e a obra O estraño caso da infanta e a reliquia.

Así, invitan a todos os socios e non socios que se animen a acudir e disfrutar dunha tarde en compañía, con teatro, asemblea e un pincheo.

A razón de ser dunha asociación responde a unha filosofía que considera o asociacionismo como un instrumento decisivo para a participación real e efectiva dos cidadáns nos ámbitos sociais.

"Realmente, se queremos q a nosa asociación cumpra con este obxectivo, faise preciso que a masa social participe activamente no seu órgano de goberno: a Asemblea Xeral.
A raíz da pandemia de Covid-19 as reunións en vivo practicamente desapareceron e aparentemente aínda está costando volver aos niveis anteriores", din dende o colectivo. De feito en Ollomao, nos últimos anos, estan vendo como apenas acude xente ás nosas convocatorias de asemblea.

É por iso polo que este ano queren facer coincidir a súa xuntanza con outras actividades, facendo dese día unha data para poder coñecerse cara a cara e falar das cousas que realmente lles interesan, "do que queremos da nosa asociación, que nos gustaría que se fixese, que podemos aportar cada un de nós, etc.", din.

I dia socio Ollomao barreiros