O Pescados Rubén Burela FS sobreponse ao Futsi gañando o primeiro punto do playoff do título da Liga

AMariñaXa
O Pescados Rubén Burela FS sobreponse ao Futsi gañando o primeiro punto do playoff do título da Liga o seguinte será na casa
pescados ruben fs VS futsi playoff liga 2023 1
pescados ruben fs VS futsi playoff liga 2023 1
18 jun 2023

Comezou a final do Playoff no Pavillón La Estación de Navalcarnero onte ás 18.00 horas, co primeiro encontro da final dos Playoff polo Título de Primeira Federación de Futsal Feminino, Futsi Atlético Navalcarnero - Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final de 1-2. Un partido bastante igualado en xeral, pero con moitos momentos de dominio do Burela, que aínda que non conseguiu finalizar co tino ao que nos ten afeitos tivo moitísimas oportunidades claras, - moitas máis que o Futsi - e conseguiu exceder ao equipo madrileño ao que se lle notou o desgaste da semifinal na que tivo que xogar os tres encontros chegando á prórroga no terceiro. A pesar da tensión dun clásico tan disputado, as mariñás souberon manter a calma e, coa madurez que as caracteriza sabendo competir ante un Futsi que pelexou ata o último minuto pero non logrou vencer ás Guerreiras Laranxas.

Na primeira parte comezaba o Pescados Rubén con forza coa primeira oportunidade clara do encontro, un tiro frontal de Irene Samper no minuto 2 que salva a meta Belén que xogou durante a primeira parte. Continuaba o xogo durante toda o primeiro tempo con bastante tensión e dous equipos previdos que buscan ese primeiro gol para poñerse por diante canto antes. Non é ata o minuto 15 no que Antía atopa o 0-1 cun gol nun rexeite tras un tiro de Patricia con asistencia de Peque, que detén Belén pero non logra deter a Antía que remata conseguindo poñer por diante ao seu equipo para o descanso.

No segundo tempo ambos equipos sacaban o mesmo 5 inicial que na primeira parte salvo a porteira, entran Jozi Oliveira e Marta Balbuena á pista para disputar toda a segunda parte. No primeiro minuto Peque abandonaba a pista por Antía e non volverá xogar en todo o que resta de partido, debido a un golpe no pé na primeira parte na que a capitá aterriza sobre a mesa arbitral. Na segunda parte o Burela locíase, aínda que non conseguiu moitos goles domina de novo o encontro, con máis intensidade e con moitísimas oportunidades. Catro clarísimas de Saki entre os minutos 24 e 33, unha delas ao pau, que levantaron ao sector laranxa que veu a Madrid nun autobús proporcionado polo club para animar aos seus Guerreiras. Comeza a segunda parte con máis forza, oportunidade de Antía no minuto 2 cun disparo desde fóra da área que detén Marta Balbuena, gran partido da porteira. No minuto 2 Emilly, despois dun pase longo de Irene Samper, tamén atopaba o muro Balbuena. Despois dunha das 4 oportunidades clarísimas de Saki comeza a presionar algo máis o Futsi e chega o gol de Becha no minuto 27. Pero nun minuto o Burela volve sobrepoñerse e chega o 1-2 cun golazo de Irene Samper dun disparo potentísimo desde fóra da área. Tres oportundidades de Saki e o Futsi optou pola porteira xogadora con Leti no minuto 35, tentando atopar o empate durante o resto do partido sen éxito.

Rematou o encontro e o Pescados Rubén Burela FS conseguiu o primeiro punto, en territorio rival, que lle permitirá disputar o segundo na casa, coa rede dun terceiro partido o seguinte martes en caso de perder en Vista Alegre. O equipo volve a Burela esperando levar a liga este mesmo sábado que vén nunha bombonera que se prevee chea e con moita esperanza de levar o cuarto título de catro disputados esta tempada podendo celebralo na casa coa familia.

pescados ruben fs VS futsi playoff liga 2023 3