Esta fin de semana Cervo acolle o campeonato de España Biathle - Triathle

AMariñaXa
O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, o campeonato de España Biathle - Triathle.
campionato de España Biathle   Triathle cervo
campionato de España Biathle Triathle cervo
23 jun 2023

O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, o campeonato de España Biathle - Triathle.

Un evento organizado polo club PentaLugo en colaboración coa Federanción Galega de Pentatlón Moderno e do Concello de Cervo.

A cita foi presentada este mediodía polo concelleiro, David Rodríguez, o delegado da Federación Española de Pentatlón, Cristóbal Rodríguez e polo adestrador do Club PentaLugo, Ricardo Vera.

Achégate a desfrutar deste evento, que combina diferentes deportes, Biathle (correr e nadar) e Triathle (tiro-nadar-correr).

O sábado o porto de San Ciprián desde as 11.00 horas e o domingo desde as 10.00 horas contará coa participación de preto de 200 deportistas.