O Moto Club Ruta N-634 de Mondoñedo organiza unha festa moteira solidaria

AMariñaXa
O Moto Club Ruta N-634 de Mondoñedo organiza unha festa moteira solidaria. Será o vindeiro 15 de xullo a favor da Asociación Foxgi España
Motoclub mondonedo 2023
Motoclub mondonedo 2023
28 jun 2023

O Moto Club Ruta N-634 de Mondoñedo organiza para o vindeiro 15 de xullo unha festa moteira solidaria a favor da Asociación Foxgi España e en concreto con Marta.

Durante esta cita poderase desfrutar de música, agasallos e sorteos a partir das 20.30 horas a cargo de Onda Norte na praza do Concello así como dunha pequena ruta polo pobo.

Este Moto Club adoita organizar en marzo a súa Concentración Mototurística N-634 Cidade de Mondoñedo na que xa levan máis de trinta edicións.

Motoclub mondonedo 2023