Aberto o prazo de inscrición para a Ruta dos Lobos da Fonsagrada

LugoXa
A novena edición da Ruta dos Lobos terá lugar o próximo sábado 30 de setembro na Fonsagrada e contará con dúas modalidades de participación
Ruta dos lobos Fonsagrads portada
Ruta dos lobos Fonsagrads portada
26 jun 2023

A novena edición da Ruta dos Lobos celebrarase o vindeiro 30 de setembro e contará con dúas modalidades de participación. 

A primeira unha ruta corta de 23 quilómetros e un total de 950 metros de desnivel e unha ruta longa de 47 de percorrido e 1800 metros de desnivel. 

A recollida de dorsais será o venres 29 de 19.00 a 21.00 e o sábado 30 entre as 8.00 e as 10.30 no Concello da Fonsagrada. 

A inscrición inclúe seguro, avituallamentos "Fonsagrada Style", auga quente, lavado de bicicletas, agasallo conmemorativo do evento e medallas finisher. 

Para os interesados haberá tameén a opcoón de cea que inclue fabas con xabaril, tenreira da Fonsagarda, postre, café e chupito máis agasallos durante a cea.

Os interesados en participar poderán realizar a inscrición a través de https://ccnorte.com/evento/competicion-recorrido/c/13825  ata o 15 de setembro ou ata completar os 300 inscritos. 

Ruta dos lobos Fonsagrad