Tirimol, en Lugo, celebra ao San Xoán

LugoXa
A parroquia lucense de Tirimol celebra, dende esta fin de semana, as súas grandes festas na honra de San Xoán.
festas san xoan tirimol portada
festas san xoan tirimol portada
20 jun 2023

Tirimol está de festa. Este venres, 23 de xuño, arrancan as patronais desta parroquia do municipio de Lugo, e farano cunha gran churrascada veciñal que estará amenizada polo dúo Eclipse.

A misa solemne na honra de San Xoán terá lugar o sábado dende as 13.30 horas. Ao rematar, terá lugar  unha exhibición pirotécnica e a sesión vermú a cargo dun grupo de gaitas tradicional. Pola noite haberá verbena coa orquestra Finisterre e Disco Móvil Impacto, con DJ Marcos Magan e DJ Sonic.

O domingo, 25 de xuño, será a última das xornadas destas grandes festas que comezará, de novo, ás 13.30 horas con misa solemne. A nota musical da sesión vermú correrá a cargo do dúo Estrellas. Ademais, para remtar a festa, a partir das 18.00 horas haberá xogos tradicionais para todas as idades e competicións deportivas.

festas san xoan tirimol