Comeza o primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, Raizames, en Taboada

RibeiraSacraXa
Comeza o primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, Raizames, en Taboada que durará tres días con diferentes actividades
Ribeira Sacra Raizames
Ribeira Sacra Raizames
9 jun 2023

Hoxe comeza primeiro Encontro da Cultura do Viño baixo o nome de Raizames, que terá lugar en diversos puntos do concello de Taboada, sendo a Praza de Riazón o punto de encontro central durante o 9, 10 e 11 de xuño.

Este evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (ACIMTA), ten o propósito de poñer en valor o importante legado da cultura do viño da Ribeira Sacra, xa que “é unha proposta diferenciadora dentro do contexto das festas e feiras do viño, achegando un modelo que procura a responsabilidade co contorno, no que prima a calidade sobre a cantidade, que fuxe de aglomeracións ou impactos desmedidos, que se materializa baixo unha diversificada programación cultural", explican desde a organización do evento.

Así, haberá faladoiros, paneis de experiencias, videoforums, roteiro, encontro de adegas da zona, encontro de mulleres do sector, viños contados por voces expertas e numerosas intervencións artísticas, en colaboración co tecido social e cultural da contorna; con persoas ou asociacións veciñais e parroquiais que están desenvolvendo iniciativas de preservación, coidado e difusión do patrimonio, que colocan a mirada sobre a especificidade do territorio e a paisaxe, e que contribúen a desenvolver posibilidades e novas maneiras de habitar un rural vivo, participativo e en benestar.

Programa Raizames Taboada