O Club Xirandela consegue outro éxito ao proclamarse o seu equipo Alevín A Subcampión Galego

SarriaXa
O Club Xirandela consegue outro éxito ao proclamarse o seu equipo Alevín A Subcampión Galego no Campionato Galego en Ourense
subcampioas galegas club xirandela
subcampioas galegas club xirandela
12 jun 2023

O equipo de Alevín A do Club de Ximnasia Rítmica de Sarria, o Club Xirandela, conseguiron o posto de Subcampioas Galegas na fase final do Campionato Galego Escolar Conxuntos que tivo lugar este sábado no Pazo dos Deportes de Ourense.

Así, desde o club están moi orgullosos deste novo éxito, que se suma ao do equipo Prebase Xuvenil o pasado 3 de xuño, e resaltan que "é un súper triunfo das nosas alevíns". Ademais, comentan que tamén conseguiron quedar cuartas no de iniciación, "a 0,10 do bronce", subliñan.

Así, din estar "súper orgullosas do traballo dos nosos outros cinco conxuntos, que defenderon os seus exercicios como unhas campioas. Estamos orgullosísimas das nosas xirandelas", argumentaron.