Samos xa ten novo goberno da man da nova alcaldesa nacionalista María Xesús López

SarriaXa
Samos xa ten novo goberno da man da nova alcaldesa nacionalista María Xesús López, a primeira muller á fronte do municipio
BNG Samos alcaldesa
BNG Samos alcaldesa
17 jun 2023

María Xesús López foi investida alcaldesa de Samos, converténdose así na primeira rexedora feminina da historia da localidade, quen sostivo que "temos un equipo preparado cun proxecto sólido e rigoroso para sacar o mellor de nós e facer que Samos avance".

“É unha honra servir ás veciñas e veciños de Samos, polo que asumo con honestidade, respecto e gañas de traballar para converter a Samos nunha referencia e ofrecer o mellor benestar e servizos á veciñanza” declarou Chus López.

Neste sentido, a nova alcaldesa destacou “Samos deu un paso á fronte co BNG para abrir un tempo novo, temos preparado un equipo preparado cun proxecto sólido e rigoroso para sacar o mellor de nós e facer que Samos avance, un goberno de progreso que traballará para todas as veciños e veciñas sen excepcións ”

De igual modo, Chus López fixo fincapé “formaremos un concello aberto, con transparencia, participación veciñal e apostando firmemente nas potencialidades de Samos”, concluíu.

A alcaldesa de Samos

Nada no 1984 e natural da Airexa de Suñide, converterase na primeira muller co bastón de mando da localidade e a primeira vez que a formación nacionalista acada o goberno municipal.

Chus López inicia a súa andaina política por primeira vez no proceso de municipais de 2019, onde o BNG volveu a acadar representación municipal e, neste proceso, conquistou o consistorio samonense.