Pecha o venres na Pastoriza a exposición de Anibal Balbona

TerraChaXa
A obra gráfica de Anibal Balbona, de Estudio Aldea, está exposta na sala de usos múltiples da Casa da Cultura Fogar de Maeloc da Pastoriza.
exposicion estudio aldea gravado portada
exposicion estudio aldea gravado portada
28 jun 2023

A obra gráfica de Anibal Balbona, de Estudio Aldea, está exposta na sala de usos múltiples da Casa da Cultura Fogar de Maeloc da Pastoriza. Esta mostra combina diferentes técnicas de gravado e serigrafía e ten un marcado carácter rural e unha forte conexión coa natureza que nos rodea.

A exposición, e venda, pechará as súas portas o día 30 de xuño, venres.

Estudio Aldea presenta unha escolma da súa obra gráfica composta por 14 traballos realizados con diferentes técnicas, entre elas a augatinta, augaforte, linogravado e litografía.

As obras están enmarcadas con marcos artesáns de madeira recollidos en aldeas abandonadas, para darlles unha segunda vida facendo unha alegoría ao despoboamento rural.

Con esta mostra, Estudio Aldea pretende por en valor a vida na aldea, destacando obnas obras as temáticas naturais e de carácter rural.

exposicion estudio aldea gravado