O IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa será este sábado

AMariñaXa
O Pavillón da Veiga, en San Cibrao, será o escenario este sábado, 8 de xullo, do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa
torneo tenis de mesa 2023 cervo
torneo tenis de mesa 2023 cervo
4 jul 2023

O Pavillón da Veiga, en San Cibrao, será o escenario este sábado, 8 de xullo, do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.

A competición contará cunha trintena de participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia e Asturias. Está previsto que comece ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do sábado. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.

A sección de tenis de mesa do C.D. San Ciprián comezou a participar en torneos no ano 1993, logo dun longo parón, retomaron a competición no ano 2018; chegando a acadar o ascenso a Terceira Nacional a pasada tempada.