Andrés Torres, do Gondomar TM, gañou o IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa

AMariñaXa
O pavillón da Veiga, en San Cibrao, acolleu o IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa. Gañou Andrés Torres, do Gondomar TM
Torneo tenis cervo xullo 2023 2
Torneo tenis cervo xullo 2023 2
11 jul 2023

O pavillón da Veiga, en San Cibrao, acolleu a celebración do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.

A competición contou con 34 participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia e Asturias. O gañador foi o xogador local Andrés Torres pertencente a disciplina do club Gondomar TM que milita na división de honra do tenis de mesa Nacional.

O segundo clasificado foi o xogador do Oleiros TM Javier Canzobre e os dous terceiros foron Luis Carlos Ferreira tamén xogador do Oleiros TM e Andrés Martín Reija xogador do club Dez Portas de Lugo.

A sección de tenis de mesa do C.D. San Ciprián comezou a participar en torneos no ano 1993, logo dun longo parón, retomaron a competición no ano 2018; chegando a acadar o ascenso a Terceira Nacional a pasada tempada.

Torneo tenis cervo xullo 2023 1