O centro sociocultural de Barreiros acollerá a conferencia 'Os Ollos da Deusa Primeira. Pegadas das relixións antigas'

AMariñaXa
O Centro Sociocultural de Barreiros será o lugar de encontro para a conferencia Os Ollos da Deusa Primeira. Pegadas das relixións antigas
marina patrimonio barreiros
marina patrimonio barreiros
plosa2
1 jul 2023

O centro sociocultural de Barreiros será o lugar de encontro o próximo 7 de xullo ás 20.00 horas para a conferencia Os Ollos da Deusa Primeira. Pegadas das relixións antigas, impartida polo recoñecido antropólogo José Luis Cardero.

A conferencia Os Ollos da Deusa Primeira é organizada pola asociación socio-cultural Mariña Patrimonio e a asociación cultural Irmandade de Santo Estevo do Ermo, co apoio do Concello de Barreiros e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

José Luis Cardero é licenciado e doutorado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. É especialista en Antropoloxía Social e Cultural ademais de socio honorario da Sociedade Antropolóxica Galega. Como investigador incide na hermenéutica antropolóxica, enfocada nas crenzas e na súa influencia política, económica e social. Ademais da súa actividade académica, colabora en revistas de investigación e divulgación así como en programas de radio e televisión.

Esta conferencia representa unha oportunidade para achegarnos á historia relixiosa de Galicia e comprender mellor a diversidade relixiosa existente antes da imposición do Cristianismo. Coa axuda de José Luis Cardero, teremos a posibilidade de descubrir as raíces ancestrais que seguen influíndo na actualidade na nosa forma de vida.

José Luis Cardero.

É Licenciado e Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Especialista en Antropoloxía Social e Cultural. Tamén é Doutor pola Universidade Complutense de Madrid no programa do Instituto Universitario de Ciencias das Relixións. Socio honorífico da Sociedade Antropolóxica Galega e colaborador do seu órgano Fol de Veleno, onde publicou traballos sobre antropoloxía cultural, simboloxía e similares.

Está especializado en investigacións sobre hermenéutica antropolóxica en relación coas crenzas e a súa influencia política, económica e social. Ademais do seu traballo académico, colabora en revistas de investigación e divulgación, así como en diferentes programas de radio e televisión.

Como vén sendo habitual, desprazaranse en autobús. Nesta ocasión, pola mañá visitarán varios lugares de interese patrimonial en Barreiros, xantarán o porquiño e o año ao espeto en Santo Estevo e remataremos a xornada cun percorrido guiado por este lugar máxico.

Actualmente, están a preparar as visitas que se farán pola mañá das que se informará cando teñan o programa pechado.

Tendo en conta que a comida ten un prezo de 25€, o custo da actividade é de 30€ para socios e 40€ para non socios, incluíndo transporte e comida.

Por cuestións de loxística, e para poder comunicarlles con tempo suficiente aos compañeiros da Irmandade de Sto. Estevo o número de persoas que participaremos no xantar, cómpre que nos confirmedes canto antes a vosa asistencia. A poder ser antes do día 4 de xuño.

Nas antigas romarías que se celebraban en honra de Santo Estevo, a xente levaba un pano e achegábase á fonte das Rosas. Alí, mollaban o pano nas súas augas milagreiras e pasábano pola cara, para curar as "rosas" da pel, ou ben aplicábano noutras partes do corpo onde puideran ter algún problema cutáneo. Despois, penduraban o pano nas pólas das árbores dos arredores da fonte. Ultimamente, estamos vendo que este costume ancestral vai indo a menos. Por iso, animamos aos participantes nesta visita ao patrimonio de Barreiros que traian cadanseu pano para deixar nas árbores da fonte das Rosas.