Adxudicadas as obras en varios camiños de Barreiros incluídos no Plan Único 2023 da Deputación

AMariñaXa
Adxudicadas as obras de arranxo de camiños do Concello de Barreiros incluídos no Plan Único 2023 da Deputación de Lugo
Barreiros 2023 plano obras PU2023
Barreiros 2023 plano obras PU2023
7 jul 2023

A Xunta de Goberno Local de Barreiros vén de adxudicar a obra de arranxo de camiños municipais incluídos no Plan Único 2023 da Deputación de Lugo por un importe de 184.838,80 euros.

As actuacións, que se iniciarán nas vindeiras semanas, consistirán na limpeza de cunetas e mellora de firmes mediante a aplicación de regos asfálticos ou aglomerados, en función dos tipos de vías.

Con cargo ao Plan Único arranxaranse mediante a aplicación de rego asfáltico os camiños da Proída, A Cosqueira-A Malata e O Barreiro-Vista Alegre, en Reinante; accesos ao Río e O Couto, en Cabarcos; Calzada-San Paio e accesos San Paio, en San Xusto; Xunto á Igrexa, A Romiña e As Saíñas, en Celeiro; do Cascabeiro ao Acantilado en San Cosme e acceso As Travesas, en Benquerencia. Os traballos en aglomerado afectarán á un tramo dun km da estrada que sube de San Miguel a Remourelle, ao camiño da Carreira-Pico da Carreira, en Vilamartín Pequeno e  As Eiras, acceso á estrada xeral.

No proceso de licitación, cuxa documentación se pode consultar na plataforma de contratación, concorreron catro empresas cuxas ofertas oscilaron entre os 152.780 euros máis ive da empresa adxudicataria e os 172.389,94 máis ive da oferta máis alta. A adxudicación realízase tras ter sido presentada pola empresa a documentación necesaria para a mesma e prevese o inicio dos traballos nas vindeiras semanas, tras a aprobación do plan de seguridade e saúde a o replanteo da obra por parte da empresa e a dirección da obra.

A alcaldesa explica que a baixa obtida nesta licitación permitirá destinar a diferencia ao arranxo doutros viais non previstos inicialmente en función da súa adecuación ao orzamento que se manexa.

Barreiros 2023 plano obras PU2023