Fran Rei chega a Barreiros con Superheroe, un espectáculo familiar que combina máxia e comedia

AMariñaXa
O mércores 26 de xullo, Fran Rei chega a Barreiros con Superheroe, un espectáculo familiar que combina máxia e comedia.
Frai Rei barreiros culura
Frai Rei barreiros culura
25 jul 2023

O mércores 26 de xullo, Fran Rei chega a Barreiros con Superheroe, un espectáculo familiar que combina máxia e comedia. Será na praza do Concello ás 12.30 horas.

En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.