AD Augas Santas de Barreiros prepara a carreira Benquerencia Terra Mar

AMariñaXa
A asociación deportiva Augas Santas de Barreiros prepara para o vindeiro 6 de agosto o Benquerencia Terra Mar
Benquerencia terra mar carreira 2023
Benquerencia terra mar carreira 2023
26 jul 2023

A asociación deportiva Augas Santas de Barreiros prepara para o vindeiro 6 de agosto o Benquerencia Terra Mar. A proba está incluida dentro dos circuítos +kmsBarreiros e Tour Mariña, polos que os/as inscritos/as participan automaticamente nestes circuítos.

Haberá dous horarios a de absoluta será ás  15.30 horas e a de menores ás 16.45 horas.

O prazo de inscrición rematará o xoves 3 de agosto e a inscrición da carreira, ata o domingo 30 de xullo, ten un custo de 10 euros na carreira absoluta para aqueles corredores que posúan chip, e de 11 euros para os corredores que deban alugar o chip  e terán que devolvelo despois da carreira. A partir do luns 31 de xullo terá un custo de 14 euros corredores con chip e 15 euros os de aluguer.

Haberá un agasallo para as categorías infantís e para os corredores da proba absoluta. Pódese consultar toda a información en www.maiskmsbarreiros.gal e
www.ccnorte.com.

Benquerencia terra mar carreira 2023