Instalado o pavimento de atletismo Sportflex na nova pista de atletismo de Cervo

AMariñaXa
A renovación das pistas de atletismo das instalacións deportivas da Veiga xa están un pouco máis preto de estar rematadas.
Estadio Municipal de A Veiga en San Ciprian atletismo sportflex
Estadio Municipal de A Veiga en San Ciprian atletismo sportflex
9 jul 2023

A renovación das pistas de atletismo das instalacións deportivas da Veiga xa están un pouco máis preto de estar rematadas. Estas obras contaron cun investimento total de 560.000 euros, no que a Secretaría Xeral para o Deporte achegaou o 62,5% da totalidade do importe (350.000 euros), mentres que o Concello de Cervo achegou o restante 37,5% (210.000 euros). Esta será a primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña.

As obras contan con tres vías de actuación que serán as obras de renovación completa da pavimentación da pista con Sportflex Super X 720 de Mondo, certificado por World Athletics, prefabricado para exteriores, a mellora da rede de saneamento e a evacuación de augas e a instalación de salto de pértega, carreiras de obstáculos, salto de altura, salto de lonxitude e triplo salto e lanzamento de peso.

As instalacións deportivas da Veiga, ademais das nomeadas pistas, contan cun pavillón polideportivo e destacan pola idoneidade da súa localización xa que non dista máis de 20 minutos da metade da poboación de toda a Mariña, que suma, no seu total 70.000 habitantes.