Este sábado serán as festas da Senra, en Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo anima aos veciños e visitantes a participar nas festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro.
Cervo festas senra 2023
Cervo festas senra 2023
7 jul 2023

O Concello de Cervo anima aos veciños e visitantes a participar nas festas da Senra, na honra á Virxe do Carme e San Pedro.

A programación para o sábado, 8 de xullo comezará coa misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme, ás 13.00 horas, seguida de procesión con Fol do Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco.

A continuación, sesión vermú co Grupo Mar D'Arousa, e pola noite, será a gran verbena amenizada polo Grupo Mar D'Arousa e a Dismo Móbil Chocolate, a partir das 22.30 horas.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por membros da Asoc. Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora