Skip to main content
Mondoñedo

A cidade de Mondoñedo acolle diferentes actividades durante este verán

Por 3 Xullo, 2023Xullo 4th, 2023Sin comentarios

A cidade de Mondoñedo acolle diferentes actividades durante este verán para que os pequenos e adultos podan desfrutar do tempo de ocio.

Así, durante o mes de xullo o venres 7 haberá un concerto de Tomás Porteiro na praza do Concello ás 20.00 horas e o domingo 8 será a presentación do libro El pronunciado escote de Mondoñedo de José de Cora, no salón de plenos do Concello ás 12.00 horas.

O seguinte sábado, o día 15 haberá un encontro moteiro solidario polas rúas do centro, e o venres 21, o Mago Paco presentará o seu espectáculo Unha maxia diferentes, ás 19.30 horas na praza do Concello. Xa ás 23.00 horas dentro da programación do Merlín Fest, o Trío Somoza dará un concerto tamén na praza do Concello. O domingo 23 de xullo será a quenda do concerto solidario de Skadelos ás 13.00 horas.

O venres 28 poderase desfrutar da obra O señor Patajullo, un contacontos musical de Nelson Quinteiro na praza do Concello ás 20.00 horas, e o sábado 29 ás 20.00 horas será a quenda da pianista Ingrid Cusido, quen dará un cocnerto no centro cultural Santa emilia. Para asistir será necesario reservar na oficina de turismo.

O último domingo de xullo, o día 30, abrirá a programación o Merlín Fest coa actuación de Amorodo, música urbana, rap e trap. Será na praza do Concello ás 13.00 horas e pola noite, ás 22.30 horas haberá cine infantil coa película A Galiña Turuleca.

Xa no mes de agosto, o venres 4 os Bolechas visitarán Mondoñedo ás 20.00 horas, e o domingo 6 haberá unha sesión vermú a cargo de Airband.

O mércores 9 será o coro Mestre Pacheco o que animará a xornada da Escola Municipal de Música O Pallarego.

O luns 14 de agosto haberá dous DJs na Fonte Vella, dentro do programa do Merlín Fest. E o luns 21 e o xoves 24 poderase desfrutar de dous concertos do Festival Bal y Gay.

Para calquer dúbida ou solicitar información, pódese facer de maneira telefónica chamando ao teléfono 982 524 003.