Os Meigallos proclamáronse campións do Torneo de Fútbol Sala Oural 2023 desta fin de semana

SarriaXa
Os Meigallos proclamáronse campións do Torneo de Fútbol Sala Oural 2023 desta fin de semana no que participaron máis equipos
torneo oural samos
torneo oural samos
18 jul 2023

Esta pasada fin de semana tivo lugar o torneo de fútbol sala Oural 2023, no que podían apuntarse ata 16 equipos participantes para enfrontarse en diversos partidos repartidos entre o venres 14 e o domingo 16.

Así, dos participantes, entre os que se atopaban tamén os xogadores do Samos FS, os gañadores absolutos foron os xogadores do equipo Os Meigallos de Sarria, os subcampións foron os de LuisItalia, os terceiros clasificados foron Alumisar e os cuartos, Pádel Sarria.

Ademais, tamén houbo premios para os mellores porteiros, que foron para Saúl, de Meigallos, e Juan, de Alumisar; e un premio especial ao mellor xogador, elixido entre todos os participantes, que foi Bryan, de Pádel Sarria.