O encoro de Vilasouto acolle unha festa para nenos e nenas este xoves

SarriaXa
O encoro de Vilasouto acolle unha festa para nenos e nenas este xoves que inclúe inchables e paddle surf na auga
vilasouto o incio
vilasouto o incio
19 jul 2023

Os nenos e nenas do Incio poderán desfrutar este xoves, 20 de xuño, dunha tarde diferente da man de inchables e paddle surf no encoro de Vilasouto organizada polo Concello.

Desta maneira, as persoas interesadas en desfrutar destas actividades, que ademais permiten mellorar a convivencia familiar, pasando unha tarde divertida xuntos, poderán facelo a partir das 17.00 horas ao lado do campo da festa de Vilasouto.

Esta actividade de balde ten como obxectivo ofrecer actividades lúdicas para as persoas que permanecen no Concello do Incio este verán e así promover o sentimento de pertenza á zona rural, sen ter que marchar porque non hai cousas para facer.

festa nenos O Incio