O Combo Dominicano actuará nas festas de Andreade de Paradela

SarriaXa
O Combo Dominicano actuará nas festas de Andreade de Paradela o día 25 de xullo na honra do Santiago Apóstol
Andreade Paradela
Andreade Paradela
18 jul 2023

Os vindeiros 25, 26 e 28 de xullo a parroquia de Andreade, en Paradela, acolle as súas festas na honra a Santiago Apóstol, coincidindo co Día de Galicia, o día seguinte e o venres.

Así, o 25 de xullo o día comezará coa misa solemne ás 13.00 horas, seguida da sesión vermú amenizada coa música do grupo de gaitas Río Miño. Xa á noite, haberá verbena e festa coa actuación da orquestra Combo Dominicano.

Pola súa parte, o mércores 26 ás 13.30 horas volverá a haber misa solemne e sesión vermú amenizada co Dúo Meritxell, que tamén actuará pola tarde e noite durante a festa e a verbena.

Por último, o venres día 28, haberá unha gran churrascada popular para todos os veciños e veciñas e visitantes que se acheguen ata esta parroquia de Paradela, na que compartirán unha comida popular todos xuntos.

festas andrade paradela