A parroquia de Santa Cristina de Paradela celebra este domingo e luns as súas grandes festas

SarriaXa
A parroquia de Santa Cristina de Paradela celebra este domingo e luns as súas grandes festas con varias actuacións
Santa Cristina Paradela festa
Santa Cristina Paradela festa
21 jul 2023

Este domingo, 23 de xullo, e o luns, 24 de xullo, celébranse as grandes festas na parroquia de Santa Cristina, en Paradela, na honra a Santa Cristina.

Así, o domingo 23 terá lugar unha comida veciñal popular con touciño e amenizada coa música do Dúo Explosión, que actuará toda a tarde.

Con respecto ao luns, 24 de xullo, o día comezará coa misa solemne ás 13.30 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada coa Orquestra Status. Despois da comida, haberá festa e verbena da man da Orquestra Status.