O Concello de Begonte organiza viaxes á praia todos os domingos do verán

TerraChaXa
O Concello de Begonte recupera a súa actividade Domingos á praia arrancando este mesmo coa visita a San Cibrao.
domingos a praia begonte
domingos a praia begonte
6 jul 2023

O Concello de Begonte recupera a súa actividade Domingos á praia arrancando este mesmo coa visita a San Cibrao.

A actividade consistirá en organizar visitas dun día aos distintos areais das provincias de Lugo e A Coruña con saída ás 10.00 horas fronte á oficina de Abanca e regreso ás 19.30 horas.

Para participar é necesario inscribirse a semana anterior a cada viaxe, que ten un prezo de 3 euros.

Nos seguintes domingos as visitas serán ás praias de Foz, Benquerencia e Ares.

En agosto o programa establece a primeira visita o domingo 6 á de Covas, en Viveiro, seguida das de Riazor, Cabanas e rematarán en Foz.