Os Festicultores actúan o sábado dentro da Festa da Empanada de Begonte

TerraChaXa
Este sábado, día 15 de xullo, ás 19.00 horas, terá lugar a actuación de Os Festicultores no Concello de Begonte.
festicultores festa empanada begonte portada
festicultores festa empanada begonte portada
14 jul 2023

Este sábado, día 15 de xullo, ás 19.00 horas, terá lugar a actuación de Os Festicultores no Concello de Begonte.

Esta actuación está organizada a través do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia con motivo da celebración da Festa da Empanada no Club Fluvial de Begonte.

Esta festa é unha tradición en Begonte e se celebra durante dous días nos que a empanada será o plato oficial en dous días nos que as familias ocupan o club fluvial para desfrutar da música.

Ademais dos Festicultores, o sábado haberá sesión vermú e verbena a cargo de Superstar e o domingo será o trío Rubí o que pechará a programación coa vermú e tamén unha sesión de tarde.

Non faltarán os xogos para nenos e outras instalacións para desfrutar da xornada.

festicultores festa empanada begonte