Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAVegadeo

Vegadeo acollerá a celebración da 39º Marcha Cicloturista Ría do Eo o 3 de setembro

Por 20 Agosto, 2023Agosto 21st, 2023Sin comentarios

O concello de Vegadeo acollerá a celebración da 39º Marcha Cicloturista Ría do Eo que se disputará o 3 de setembro.

A proba, Memorial Luís Curtia, dará comezo a partir das 10.00 horas desde a praza do Concello. A chegada prevese entre as 14.00 e as 15.00 horas, tras un percorrido de sesenta e sete quilómetros.

As prazas son limitadas a cincuenta e as inscricións pódense formalizar ata o 1 de setembro ou ata esgotar as mesmas. Para máis información haberá que escribir un correo a sctcovadongavegadeo@gmail.com.