O I Trail A Fume de Carozo, de San Cibrao, será o 2 de setembro

AMariñaXa
O novo club de trail de San Cibrao, A Fume de Carozo, organiza para o domingo 16 de abril a súa II Quedada para desfrutar da súa paixón
Trail A fume de Carozo 2023
Trail A fume de Carozo 2023
19 ago 2023

O I Trail A Fume de Carozo é un evento creado no pobo de San Cibrao coa intención de coñecer tanto a costa como a zona interior do propio concello e así gozar deste deporte de montaña. Esta cita será o 2 de setembro.

Serán tres modalidades que partirán da praza dos Campos, subindo por zona de ríos e penetrándose ao interior cara á zona da Medela onde as baixadas das bicis farán que as súas subidas sexan máis divertidas e poderanse apreciar, desde o máis alto, unhas marabillosas vistas tanto da costa do Cantábrico como do propio pobo, terminando con baixadas técnicas pero tamén moi divertidas, que che levarán á praza pasando pola zona da costa.

Haberá unha Andaina de 13 km cun desnivel de +300 m aprox. , un Trail 16 km cun desnivel de +600 m aprox. e un Trail de 25 km cun desnivel de +900 m aproximadamente.

Para máis información haberña que poñerse en contacto co club en afumedecarozosanci@gmail.com.

Trail A fume de Carozo 2023