Os Macanudos preparan unha nova edición da Holi Wave de Barreiros

AMariñaXa
A.C. Os Macanudos, de Barreiros, coa colaboración de numerosos patrocinadores, pon en marcha unha nova edición da Holi Wave de Barreiros.
IV Holi Wave Barreiros 2023
IV Holi Wave Barreiros 2023
11 ago 2023

A.C. Os Macanudos, de Barreiros, coa colaboración do Concello de Barreiros, pon en marcha unha nova edición da Holi Wave de Barreiros.

Esta cita, que será o 12 de agosto a partir das 18.00 horas,comezará coa festa infantil Holi, que ten un prezo de 5 euros. Seguirá ás 21.00 horas coa cea popular a base de empanada, churrasco, chourizo, sobremesa, auga e viño.

Por úlitmo, ás 23.00 horas, será a queimada e a festa Holi así como os sorteos. A entrada ten un prezo de 6 euros.

Para a cea haberá que mercar os tiquets, a 14 euros, na cafetería do Centro social ou chamando ao teléfono 644 54 50 19. O propio día da festa terán un prezo de 16 euros e inclúe aqueimada e a festa.

O po Holi utilizado está formado de materias primas naturais, non é tóxico e é totalmente seguro e biodegradable. O seu único cometido é vestir Barreiros de todas as cores do arco iris e tinguir de xeito total aos participantes desta divertida carreira.

IV Holi Wave Barreiros 2023