O campo de fútbol da Marosa, en Burela, recibirá unha achega

AMariñaXa
O VII Torneo Marosa Cup volve a Burela do 24 e 25 de xuño, reunindo a uns 60 equipos de fútbol e ao redor de mil xogadores
xunta burela instalacions deportivas 2023
xunta burela instalacions deportivas 2023
11 ago 2023

O campo de fútbol da Marosa, en Burela, recibirá unha achega de 40.165 euros para a renovación do peche perimetral, do total de 50.200 euros de orzamento.

A Xunta resolveu a orde de axudas a concellos para a construción ou mellora de instalacións deportivas municipais e para a adquisición de material deportivo, que na provincia de Lugo benefician a 35 entidades locais por un importe total próximo a 1,4 millóns de euros.

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explicou que esta orde financia o 80% das actuacións, ata o límite de 50.000 euros no caso de obras e de  10.000 euros para adquirir equipamento. A porcentaxe restante será achegada polas entidades locais.

Ante o interese que espertou esta orde, que saíu por primeira vez este ano, a Xunta decidiu publicar outra convocatoria de 2 millóns de euros para poder cubrir as peticións que quedaron fóra por esgotamento de crédito -todas elas na liña I de instalacións deportivas-, e outras solicitudes novas.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 11 de setembro. A Administración incorporará e tramitará de oficio as propostas que foran desestimadas por falta de orzamento.

Distribución

En canto aos concellos beneficiarios na primeira convocatoria, hai once máis na Mariña: A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, Ourol, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Xove .