Skip to main content
Cervo

As Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollen a mostra ‘Muller e poder en Roma’

Por 9 Agosto, 2023Agosto 10th, 2023Sin comentarios

As Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollerán ata o 8 de setembro a mostra de pintura Muller e poder en Roma, de Alfredo Erias Martínez.

A exposición está composta por 15 cadros do artista nado en Presedo, Abegondo. Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego e foi director do Museo das Mariñas de Betanzos entre 1984 e 2022.