O conselleiro do Mar participou na recollida de lixo do Club Limosa Surf

AMariñaXa
O CEIP Plurilingüe Número 1 de Foz participou na XI Limpeza Simultánea de Praias realizada por Adega en todo o territorio
20230809 conselleiro Mar recollida lixo San Cibrao2
20230809 conselleiro Mar recollida lixo San Cibrao2
10 ago 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou nunha acción de voluntariado organizada polo Club Limosa Surf para limpar a ría de San Cibrao. Nesta actuación colaboraron persoas comprometidas co medio natural que retiraron distintos tipos de refugallos como envases de plástico, latas e restos de vidro. Fixérono na zona comprendida entre os Estaleiros Fra e a ponte medieval do Bao.

Este tipo de accións realizadas por voluntarios coinciden nos seus obxectivos coas que fai o sector da pesca e o marisqueo co respaldo do Plan Marlimpo da Xunta de Galicia, que entre os anos 2020 e 2022 permitiron a retirada de 235 toneladas de residuos mariños. No marco de 23 proxectos que recibiron axudas por un importe total de máis de 1,2 M €, realizáronse 198 limpezas activas nas que participaron 680 profesionais do marisqueo e dez embarcacións. Os plásticos e vidro/cerámica representaron máis da metade do lixo recollido.