Cervo acolle o VI Torneo Maruxaina de fútbol

AMariñaXa
O Concello de Cervo acollerá este xoves 12 o IV Torneo Maruxaina no que se enfrontarán o CD Castro, o CD Foz e o Viveiro CF.
torneo maruxaina futbol 2023
torneo maruxaina futbol 2023
10 ago 2023

O Concello de Cervo acollerá o VI Torneo Maruxaina, ás 20.00 horas, no Campo da Veiga. Un encontro no que se darán cita O C.D. San Ciprián e a U.D. Xove Lago

Este evento deportivo vén a ser o complemento para a Festa da Maruxaina que comezará o venres coa Pre-Maruxaina e co gran chupinazo ás 19.00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21.00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino ou Maruxaina de Honra 2023, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.

Xa o sábado, 12 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e gaiteiros. Xa ás 23.00 horas será o desembarco da Maruxaina na Praia do Torno. Durante o traxecto as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de fogos de artificio.

Ás 00.00 horas será o gran xuízo popular, seguido dunha degustación de balde de queimada na Praza dos Campos. A continuación, haberá verbena na Praza dos Campos

torneo maruxaina futbol 2023