Esta semana a Asociación Cultural Airiños do Xunco, de Cervo, organiza unha Semana Cultural.
Comezará hoxe, luns 21 de agosto, na praza do Souto cun espectáculo circense da man de Lila Star ás 20.00 horas.
Mañá martes, 22 de agosto, será a quenda do concerto para toda a familia da man de Pakolas ás 20.00 horas
O mércores haberá inchables, o xoves unha festa da auga, e o venres 25, a Master Chef Cervo. Todas elas serán ás 18.00 horas na praza do Souto.
